Fins fundacionais

O fin da Fundación é a promoción, desenvolvemento, protección e fomento de toda clase de estudios e investigacións sobre temas sociais; en especial a formación nos valores e obxectivos inspirados no Humanismo Europeo e Occidental, e de xeito moi singular todo o que en tales materiais faga relación a Galicia e á influencia que os seus fillos e as súas institucións tiveran ou teñan, directa ou indirectamente, noutros pobos e culturas. Para o cumprimento desta fin, a Fundación desenvolverá, na medida na que os seus medios económicos o permitan e de acordo cos programas concretos que en cada caso aprobe a súa Xunta de Padroado, as seguintes actividades, todas destinadas ó seu fin fundacional: Concesión de axudas de estudios e investigacións. Organización de cursos, seminarios, conferencias e outros actos. Realización de exposicións ou exhibicións monográficas sobre temas que fomenten a cultura. Preparación de edición de libros, revistas, folletos e follas soltas para a difusión das ideas que constitúan o seu fin. Calquera outra actividade que a Xunta de Padroado considere conveniente para cumprir o fin fundacional.